
Nesta semana abríanse as inscricións da nova edición do Quiroga Trail Challenge, e a resposta “non puido ser máis positiva. En tan só cinco días, xa rexistráronse 300 participantes, dos cales un 26% son mulleres e un 25% provén de fóra de Galicia, consolidando o evento como unha das probas de trail máis atractivas do noroeste peninsular”, resaltan os organizadores da proba.
O Quiroga Trail Challenge celebrarase durante dous días (28 de febreiro e 1 de marzo de 2026), con varias distancias adaptadas a diferentes niveis de corredores de montaña. As probas, que combinan técnica, beleza e esixencia. As probas
transcorren polas espectaculares paisaxes do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, unha das contornas naturais máis impresionantes de Galicia.
Ademais da competición, o Quiroga Trail Challenge destaca polo seu ambiente familiar, o compromiso co medio ambiente e a promoción do territorio como destino de deporte e natureza. Como en pasadas edicións, a organización traballa intensamente para garantir unha experiencia segura, emocionante e respectuosa coa contorna. “É por iso, que debido aos incendios forestais sufridos recentemente na comarca, o evento adaptou os seus percorridos. Para a edición de 2026, prevese que se recupere protagonismo da zona Lor que non se viu tan afectada”, din os promotores.

Distancias, desniveis e perfi lles (edicións recentes)
Tradicionalmente, o QTC desenvólvese en dúas xornadas, cun día de “Territorio Castelo” e outro día de “Territorio Lor”. En 2026 está planeado que o sábado se disputen as probas na zona Lor, e o domingo na zona Castelo.

Ademais existe a opción de realizar circuítos correndo os dous días combinando distancias da seguinte forma:

As inscricións seguen abertas na web oficial:
www.quirogatrail.es