OurenseÚltima hora

O Rallye de Ourense ocasionará cortes e restricións de tráfico na cidade desde o xoves ata o sábado

Foto: Escudería Ourense.

 

A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo especial de tráfico deseñado para a celebración do Rallye de Ourense 2026. Para garantir os estritos protocolos de seguridade necesarios para o desenvolvemento desta actividade, levaranse a cabo cortes e restricións de tráfico que afectarán de forma notable á circulación de vehículos no centro da cidade.

O xoves, 11 de xuño, haberá restricións operativas e cortes puntuais nos viarios afectados polo itinerario da proba. A medida de maior impacto na mobilidade urbana será o venres, 12 de xuño, ás 18 horas, co corte total do tráfico rodado nas rúas Concejo e Curros Enríquez (no tramo cuprandido entre Juan XXIII e a Avenida da Habana). Este peche manterase de forma ininterrompida ata o sábado 13, unha vez finalizado o evento.

Como itinerario alternativo, para mitigar o impacto sobre a conectividade do centro urbano, habilitarase de forma provisional o dobre sentido de circulaciónna rúa Juan XXIII (no tramo situado tras a Subdelegación do Goberno). Deste xeito, os condutores poderán acceder a través desta vía cara á Avenida da Habana en dirección a Curros Enríquez.

Afeccións puntuais e restricións

Asimesmo, o desenvolvemento da proba (accesos ao parque pechado e reagrupamentos no parque de San Lázaro) xerará afeccións puntuais e restricións nestes horarios:

Xoves, 11 de xuño:
19:30 – 21h: Restricións polo acceso de vehículos ao Parque Pechado desde Expourense.
22h – 00h: Cortes puntuais pola Cerimonia de Saída (itinerario: Parque de San Lázaro cara a Expourense).

Venres, 12 de xuño:
11h – 12:15h: Restricións polo acceso dos vehículos procedentes do tramo de adestramento (Shakedown).
20:45h: Afección pola entrada da caravana ao Reagrupamento (Parque de San Lázaro).
21:15h: Restricións pola saída do Reagrupamento cara a Expourense.

Sábado, 13 de xuño:
1:20h: Control de acceso ao Parque Pechado desde Expourense.
9:15h: Restricións pola saída de vehículos cara a Expourense.
12:50h: Entrada e posicionamento na zona de Reagrupamento (Parque de San Lázaro).
13:50h: Saída do Reagrupamento cara a Expourense.
18:20h: Entrada final e estacionamento no Parque Pechado.

Planificación e colaboración

Desde a organización e as forzas de seguridade faise un chamamento aos condutores e usuarios para que planifiquen os seus desprazamentos coa debida antelación. Lémbrase a obrigatoriedade de atender en todo momento as indicacións dos axentes da autoridade, comisarios da proba e persoal de seguridade despregado. O Concello e a organización do rallye agradecen de antemán a colaboración e comprensión da veciñanza ante as inevitables molestias que este grande evento deportivo poida ocasionar.

Back to top button