Noite de preocupación no Barco pola subida do caudal do río Sil, que superaba o umbral vermello por risco de desbordamento. Arestora, mantense o nivel vermello se ben a altura das augas baixou con respecto a esta madrugada e sitúase, segundo os datos publicados pola Confederación Hidrográfica do MIño-Sil ás 12h.), en 9,75 m e baixa un caudal de 1.017 m3/s.
O nivel máis alto acadábase ás 7h. cando se chegaba aos 9,93 m e a partir das 8h. comezaba a descender lentamente.
“Ao rexistrar un nivel significativamente alto, a evolución fai previsible situacións significativas de crecidas”, segundo informa a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, tras o aviso emitido por avenidas. Indica ademais que “en previsión de avenidas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior mantén activado o Plan Especial para risc de inundacións en Galicia, en fase de preemerxencia”. Neste senso, lémbranse que deben “adoptarse as medidas preventivas necesarias e alertar ou mobilizar os medios e recursos a dispor”.




Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella