ConcellosO BarcoÚltima hora

O río Sil cobre a praia fluvial do Barco tras o paso da borrasca Claudia

 

As chuvias que nas últimas horas deixaba ao seu paso a borrasca Claudia tiñan o seu efecto no caudal do río Sil, que medraba de xeito considerable cubrindo esta mañá a praia fluvial do Malecón do Barco. As baixadas ao río nese punto foron seladas pola Policía Local do Barco.

Xunto coa auga, a crecida tamén deixaba ao seu paso numerosos troncos queimados, froito dos arrastres polos incendios que sufría a zona no pasado verán.

Fotos: A.R.

Back to top button