En portadaÚltima hora

O río Sil roza o nivel vermello por risco de desbordamento no Barco e chega aos 9,38 m

 

Logo dunhas horas nas que o río Sil baixaba e regresaba ao nivel verde, ao seu paso polo Barco, o seu caudal volvía medrar a partir das 18h. desta tarde e arestora, segundo os últimos datos publicados ás 22h. deste mércores pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), sitúase novamente en nivel laranxa por risco de desbordamento.

 

 

O caudal chega aos 9,38 m de altura nun dos puntos de control, uns niveis que se sitúan moi preto do nivel vermello de desbordamento, que está nos 9,60 m, segundo o organismo de conca.

 

 

Fonte: CHMS.

 

A Xunta mantén activo o Plan Inugal no río Sil no Barco, ademais de noutros catro ríos na provincia de Ourense: Avia (Ribadavia, Leiro), Miño (Ourense,), Arnoia (Baños de Molgas, Arnoia), Limia (Bande).

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button