En portadaÚltima hora

O río Sil volve subir considerablemente ao seu paso polo Barco

 

Dende a pasada madrugada o río Sil está a experimentar un notable aumento no seu caudal. Así se aprecia a simple vista, especialmente durante a tarde, e nos datos que ofrece a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Así ás 3h. deste 5 de febreiro  as súas augas marcaban 2,52 m e ás 17h. chegaban aos 3,20 m nun dos puntos que se controlan no Barco.

No outro, o máis alto, o río acaba ás 18h. os 8,62 m, fronte aos 7,58 m que marcaba esta madrugada. Agora baixa cun caudal de 737,85 m3/s, rozando o umbral laranxa de prealerta de risco por desbordamentos.

Fotos: A.R.

Back to top button