Con nove medallas (2 ouros, 4 pratas e 3 bronces) volvía o Club Karate River Stone do Barco de Valdeorras de Lugo onde participaban na primeira xornada da liga galega de karate desta tempada, que reunía a 639 deportistas, desde prebenxamín ata júnior, de 33 clubs de toda Galicia desfrutando dunha nova experiencia nos tatamis.
Os ouros eran para Nazan Barreda en categoría Kata Cadete Masculino Avanzado; e Mateo Márquez en categoría Kata Xuvenil Masculino iniciación.

As pratas para Juan Franco en categoría Kata Benxamín Masculino Iniciación; Telmo Casas en categoría Kata Infantil Masculino Iniciación; Diego Prada en categoría Kata Cadete Masculino Avanzado; e Elsa Carriba en categoría Kata Cadete Feminino Iniciación.

E os bronces para Laia Casas en categoría Kata Xuvenil Femenino Iniciación; Aina Moral en categoría Kata Cadete Femenino Avanzado; e Laia Yáñez en categoría Kumite Infantil Feminino <36kg.
A expedición valdeorresa tamén lograba catro 5º postos (Éric Rodríguez en categoría Kata Infantil Masculino Avanzado; Cloe Yáñez en categoría Kata Cadete Feminino Avanzado; Fuensanta Blanco en categoría Kata Júnior Feminino; Raúl Pérez en categoría Kumite Xuvenil Masculino <35 kg) e outros catro 7º postos (Melina González en categoría Kata Alevín Feminino Iniciación; Polina Andriienko en categoría Kata Xuvenil Feminino Avanzado; Selena Pampin en categoría Kata Xuvenil Feminino Iniciación; e Diego López en categoría Kumite Xuvenil Masculino <35 kg).

“Mención especial merecen os karatekas de Quiroga que se estreaban en competición. Estamos moi orgullosos de todos pola coraxe e as tremendas ganas que lle puxestes”, asegurdan dende o club, dando as grazas ao seu patrocinador CUPA Group, aos Concellos do Barco, A Rúa e Quiroga, así como á Federación Galega de Karate e DA.

Fotos cedidas.