DeportesKárateÚltima hora

O River Stone do Barco comeza a liga galega de karate desta tempada con 10 medallas en Ferrol

 

Na xornada do domingo 15 de novembro arrincaba a liga galega de karate co primeiro campionato da tempada no pavillón municipal da Malata en Ferrol (A Coruña) coa participación do KC River Stone do Barco de Valdeorras que conseguía 10 medallas (un ouro, tres pratas e seis bronces).

O ouro era para Rosi Castaño Rodríguez que lograba o 1° posto en cadete feminino iniciación.

As pratas (2° posto) eran para Telmo Casas Acuña, Infantil masculino iniciación; Raúl Pérez Panizo, xuvenil masculino avanzado; e Aina Moral Castro, kumite júnior feminino <48kg avanzado.

 

 

Con respecto aos bronces (3° posto), eran para Diego Merencio Moral, xuvenil masculino iniciación; Nazan Barreda Fernández, cadete masculino avanzado; Diego Prada Rodríguez, júnior masculino avanzado; Brian Rodríguez Carballo, júnior masculino avanzado; Cloe Yáñez González, júnior feminino avanzado e Aina Moral Castro, júnior feminino avanzado.

Fóra de podio, Laia Casas Acuña, era 5ª en cadete feminino iniciación. Ademais o club lograba tres 7° postos: Melina González Borges, alevín feminino avanzado; Marcos Méndez Álvarez, alevín masculino iniciación; e Daniela Rodríguez Fernández, xuvenil feminino avanzado.

A excepción da prata de Aina, o resto de medallas foron en kata.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button