
Do 25 ao 29 de novembro a praza do Concello do Barco acollera unha o roadshow do Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (INCIBE), un camión despregable que viaxa por toda España para capacitar en materia de ciberseguridade a toda a cidadanía (desde familias e menores, ata público sénior) e as empresas.

A través desta iniciativa, que se realiza no marco dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e está financiada pola Unión Europea (Next Generation), INCIBE quere elevar os niveis necesarios de cultura en ciberseguridade que calquera usuario debe posuír para desenvolverse con confianza e seguridade na era dixital.

