
Nokia vén de designar ao rués Fernando Rionegro “country manager” (director general) en España. Rionegro conta con máis de 20 anos de experiencia nos sectores das telecomunicacións e as tecnoloxías da información, un perfil co que a compañía pretende consolidar a súa posición no mercado estatal.
Neste posto, “representará a Nokia no país, impulsará o crecemento e reforzará a colaboración e a co-innovación con clientes, socios, administracións públicas, universidades e outras organizacións do ecosistema tecnolóxico español”.
A través das redes sociais, este valdeorrés amosaba o seu orgullo por “liderar Nokia España nun momento único para a nosa industria”. Ademais explicaba que asume esta nova responsabilidade “cunha enorme ilusión, agradecemento e, sobre todo, cun profundo respecto pola historia que construímos durante os últimos 100 anos neste país. Unha historia impulsada polo talento, a innovación e o compromiso de miles de profesionais que contribuíron ao desenvolvemento das telecomunicacións e a dixitalización de España”.
O valdeorrés indica tamén que “vivimos un momento apaixonante. A converxencia entre conectividade, dixitalización e intelixencia artificial está a abrir oportunidades sen precedentes para empresas, administracións e cidadáns”. E amósase convencido de que Nokia “ten moito que achegar para axudar a construír as infraestruturas dixitais que farán posible esta nova etapa. Asumo este reto con optimismo, humildade e a ambición de seguir fortalecendo a nosa colaboración con todo o ecosistema tecnolóxico español para impulsar a innovación, a competitividade e o crecemento sostible do noso país”.
A compañía destaca o seu profundo de Rionegro do mercado español e a súa ampla experiencia no ecosistema de clientes, socios e institucións sitúanlle nunha posición idónea para liderar as súas actividades no país.