
Ata tres actividades moi diferentes organiza a Asociación Sabugueiro neste mes de outubro. O domingo día 11 celebrábase a I Andaina “Os Pichís”; o sábado día 24 será a XX Festa do Magosto; e pechando o mes, o sábado día 31, unha nova edición do Samaín da Rúa Vella, unha das súas actividades estrela, para nenos e mozos.

Coma sempre a iniciatica propón un percorrido polas rúas do pobo cos máis siniestros disfraces, xogando e recibindo lambetadas, saíndo dende As Guindeiras e para conseguilo, os participantes deberán seguir o mapa elaborado pola organización, atendendo ás normas establecidas para a ocasión.

A saída do Samaín infantil será de 17 a 17:30 horas; e o xuvenil de 19 a 19:30 horas. O prezo das entradas anticipadas, á venda na tenda O Colmado, variará en función da data na que se merquen: ata o 25 de outubro, 8 euros (de 0 a 10 anos) e 10 euros (a partir de 11 anos, inclusive); do 26 ao 29 de outubro, 10 euros (de 0 a 10 anos) e 15 euros (a partir de 11 anos, inclusive); e 30-31 de outubro (venda en taquilla), 20 euros.