ConcellosO BoloÚltima hora

O Santuario das Ermidas (O Bolo) tamén pode visitarse durante o Nadal

Santuario das Ermitas visto dende a área recreativa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As persoas que durante estas datas festivas se acheguen ata Valdeorras terá a posibilidade de visitar o Santuario das Ermidas (O Bolo), que permanece aberto neste Nadal “con normalidade, como o resto dos días do ano, tanto para a oración como para a visita”. Ademais, lémbrase que este santuario dispón de guía-custodio, José Vega, e que para a realización de visitas guiadas pódese concertar cita con el no teléfono 639 300 001.

Back to top button