OurenseÚltima hora

O SEPRONA investiga a un veciño de Entrimo como presunto autor dun delito de caza furtiva

 

O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil de Lobios, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente no marco da Operación Zaglis, toma declaración en calidade de investigado a un veciño de 76 anos idade de Entrimo como presunto autor dun delito de caza furtiva.

O pasado dia 23 de xuño, cando os gardas civís realizaban labores propios da súa especialidade, “detectaron no municipio de Entrimo, na parroquia de Feira Vella, un xabaril atrapado nun lazo metálico”, explican dende a Garda Civil, engadindo que tras solicitar colaboración de persoal da Consellería de Medio Ambiente para proceder á súa solta, “o animal finalmente morre asfixiado” e lembrando que “o emprego de lazos metálicos para practicar o exercicio da caza, é unha técnica prohibida, pois se trata dun método non selectivo de caza”.

Tras realizar vixilancias discretas e unha serie de dispositivos operativos, os axentes do SEPRONA de Lobios “identifican o propietario dos lazos, e presunto autor dun delito contra a fauna”.

Back to top button