
O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Pobra de Trives tomou declaración en calidade de investigado a un home como presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia ocorrido o pasado día 8 de setembro en Casteloais (Chandrexa de Queixa), no que resultaron afectadas 18.5 hectáreas de monte raso e arborado.
A investigación realizada polo Seprona puido determinar que o incendio se produciu debido a unha queima non autorizada nunha leira. Nos labores de extinción participaron: 4 helicópteros, 4 avionetas, 3 motobombas, 10 brigadas de extinción de incendios e Garda Civil.