EconomíaEconomíaÚltima hora

O SIL, no seminario “Desafíos e oportunidades na Comisión Europea”, en Pontevedra

 

Os temas clave da nova Comisión Europea abordábanse nun seminario, promovido polo Eixo Atlántico esta mañá en Pontevedra baixo o título “Desafíos e Oportunidades na Comunicación Europea: Claves para informar con rigor sobre a Comisión Europea”. A xornada, dirixida a xornalistas, estaba impartida polo director en funcións e xefe de Análise Político de Representación da Comisió Europea en España, Lucas González Ojeda.

Entre os medios presentes estaba o Periódico O SIL e no seu decurso, analizaba temas como as prioridades da nova Comisión Europea, os principais puntos críticos dende o punto de vista da Comisión e achegaba unha serie de ferramentas que permiten “vehiculizar unha información áxil, verídica e rigorosa sobre os asuntos da Comisión Europea para os medios de comunicación”.

 

 

 

O acto de apertura do seminario contaba coa presenza do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, quen apuntaba que iniciativas como esta permiten que a información que os xornalistas teñan que manexar “sexa unha información non segada por interpretacións, xa que non é o mesmo ter fonte directa que recibir os datos a través das axencias, e iso lógrase co acceso directo ás fontes. E, nese senso, a nosa obriga é facilitarvos, na medida do posible ese acceso. Ademais agora estamos tamén é un momento crítico, non só pola nova Comisión, senón tamén polo contexto internacional”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button