CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O SilFest Valdeorras celebrará o X aniversario os días 3 e 4 de xullo de 2026

Heredeiros da Crus nesta edición do SilFesta Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hevella.

 

O SilFest Valdeorras alcanza en 2026 a súa décima edición, consolidado como unha alternativa única dentro do panorama dos grandes festivais. Dez anos despois do seu nacemento, o SilFest continúa fiel á súa esencia: ofrecer unha experiencia auténtica, próxima e profundamente ligada ao territorio, a beiras do río Sil, na inmellorable contorna do Concello do Barco de Valdeorras. Na súa décima edición, o festival afiánzase como unha cita imprescindible para asistentes de todos os recunchos de España.

O SilFest non quere ser como os demais . O seu espírito mantense intacto: gozar da música e a cultura sen aglomeracións, co ritmo pausado que só Valdeorras pode ofrecer. É un festival para saborear, cun bo viño da comarca ou unha cana de Mahou ben fresca, mentres se descobren artistas emerxentes e gózase de grandes bandas nun ambiente único.

 

Ambiente no IX SilFest Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ademais dunha coidada programación musical que combina bandas xa consagradas coas mellores propostas emerxentes , o festival aposta por unha experiencia global que combina cultura, natureza e gastronomía. Co abono, os asistentes poderán gozar de catas, talleres e paseos en kaiak polo río Sil, ademais dunha variada oferta gastronómica e actividades familiares nunha contorna natural incomparable que convida a relaxarse, gozar e compartir.

Entre as actividades máis esperadas, destaca o MiniSilFest, o corazón novo e vibrante do festival. Este espazo, especialmente deseñado para espertar a curiosidade e a paixón pola música e as artes nos máis pequenos , converteuse nun dos grandes atractivos de cada edición: un lugar onde nenos e adultos gozan por igual, creando recordos indelebles nun ambiente festivo e acolledor.

No seu décimo aniversario, o SilFest convida a todos a formar parte desta celebración da música, a natureza e a comunidade, reafirmando o seu compromiso coa cultura e coa maxia de Valdeorras.

Máis información e venda de abonos na web do festival.

Back to top button