Tal e como estaba previsto, esta mañá vén de realizarse unha proba de funcionamento de sirenas nas presas de Casaio e Pumares, que se escoitaba dende O Barco. Tiña un dobre obxectivo: que a poboación das zonas afectadas, xunto cos medios e recursos adscritos ao plan INUNGAL se familiaricen co son da sirena, e comprobar o correcto funcionamento dos sistemas mecánicos e software de activación.
Video cedido.