ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

O sorteo da campaña “Con P de Pai” do Barco CCA xa ten ganadoras

Pasadas as 13:30h., tras pecharse o prazo de entrega de tíckets, procedíase a realizar este sorteo no que as afortunadas eran Teresa e Anis

 

Pasadas as 13:30h. deste 19 de marzo, e unha vez completado o horario de recepción de tíckets de compra para a campaña “Con P de Pai”, representantes do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) procedían, na mesma praza do Concello onde se situaba o seu expositor, ao sorteo de dous vales de compra por 50 euros para os participantes nesta iniciativa, que ademais ao entregar a súa papeleta recibían un chaveiro de agasallo.

 

 

As afortunadas nesta ocasión eran Teresa con un tícket de Librería Murciego e Anis con un de Tríos 3.0. O presidente do Barco CCA, Jacobo Arias, valoraba moi positivamente a resposta e a participación nesta campaña e ademais expresaba as súas felicitacións ás persoas ganadoras do sorteo.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button