ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O subdelegado de Defensa na provincia de Ourense visita San Xoán de Río

 

Esta mañá o Concello de San Xoán de Río recibía a visita do coronel Jesús Antonio Peñas Preckler, subdelegado de Defensa da provincia de Ourense. “Por unha banda tratamos a exposición que terá lugar o vindeiro més “Regimiento Zamora 8. Militares en Ourense”, da que formou parte o segundo tenente de alcalde de San Xoán de Río “Juan da Pousa” “, explica o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.

 

 

Ademais, engade o rexedor, “centrámonos en vías de colaboración entre ambas institucións, xa que ningún país en guerra do mundo perdeu o 80% da súa poboación (cifra de perda de poboación que superamos en San Xoán de Río e outras zonas rurais), polo tanto pedimos a súa axuda para loitar contra o reto demográfico e que incluso sexa o exército o que garantice os servizos básicos en áreas rurais. E por último tratamos a visita de altos cargos do goberno a San Xoán de Río”.

Artigos relacionados

Back to top button