O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, mantivo un encontro esta mañá na sede da Subdelegación co comandante da Garda Civil, José Benito Fernández Santamarina.
O delegado e o comandante acordaron estreitar os lazos de colaboración entre ambas as institucións para garantir unha contorna segura e mellorar a calidade de vida das persoas que residen na provincia.
