OurenseÚltima hora

O subdelegado do Goberno en Ourense visita a exposición “Grandes Voos da Aviación Española”

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitaba esta mañá a exposición “Grandes Voos da Aviación Española”, que conmemora as grandes proezas dos aviadores que marcaron os primeiros pasos da aviación moderna. Antes, asistiuu ao homenaxe aos pioneiros celebrado na Subdelegación de Defensa.

A mostra, que se pode visitar do 16 ao 31 de outubro no Centro Cultural José Ángel Valente da cidade de Ourense, está organizada polo Concello, o Exército do Aire e do Espazo e a Subdelegación de Defensa. A través de maquetas, equipamento aeronáutico e material da época, percorre fitos históricos como o voo do Plus Ultra, que cruzou o Atlántico Sur en 1926.

Tras a apertura, Eladio Santos realizou unha visita guiada á exposición acompañado polo seu comisario, o xeneral Jorge Clavero. A iniciativa busca recoñecer o esforzo, o espírito de superación e a contribución dos pioneiros da aviación ao progreso científico e ao desenvolvemento do transporte aéreo, así como achegar á cidadanía o valor histórico destas fazañas.

Back to top button