OurenseÚltima hora

O subdelegado do Goberno, na 29º Feira Concurso de Gando do Castro Caldelas

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, subliñou hoxe que a gandería é “un sector clave que mantén vivo o rural na provincia de Ourense”. Díxoo na 29ª edición da Feira Concurso de Gando do Castro de Caldelas, onde estivo acompañado da a alcaldesa do municipio, Sara Inés Vega.

Durante o certame, Eladio Santos puxo en valor a importancia da gandería na provincia de Ourense, especialmente nun territorio no que ten un peso destacado a gandería extensiva. “A gandería xera emprego e oportunidades no noso rural e contribúe a fixar poboación e a coidar o territorio”, sinalou.

Ademais, o subdelegado destacou o “apoio firme e continuado” do Goberno de España ao sector, especialmente ante as dificultades que afrontan os profesionais da gandería. Neste sentido, lembrou as medidas impulsadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para apoiar os produtores afectados polos incendios forestais de 2025, con axudas de ata 10.000 euros por gandeiro, así como outras políticas destinadas a aliviar os custos de produción.

 

 

Eladio Santos referiuse igualmente ás medidas adoptadas para facer fronte ás consecuencias económicas da guerra, entre elas a redución do IVE aplicable ao combustible empregado polo sector gandeiro, e salientou o traballo de seguimento, prevención e control das enfermidades que poden afectar á cabana gandeira.

O subdelegado destacou a importancia de manter o compromiso coa calidade. “A calidade é unha das grandes fortalezas da nosa gandería e das nosas producións agroalimentarias. Apoiar os nosos gandeiros significa tamén apostar por produtos de calidade, por un modelo de produción sostible e por un rural con futuro”, engadiu.

Eladio Santos fixo entrega dun dos galardóns do concurso, recoñecendo así o traballo e a dedicación dos profesionais do sector gandeiro. Ademais, a Subdelegación do Goberno en Ourense realizou unha doazón para o concurso dunha figura de Sargadelos con forma de vaca, como mostra de apoio a unha actividade esencial para o territorio e para o medio rural ourensán.

 

 

Back to top button