
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, reuniuse hoxe co departamento da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) situado na Subdelegación do Goberno en Ourense para analizar as súas ferramentas e protocolos de prevención e control de incendios forestais.
Eladio Santos agradeceu a AEMET “o rigoroso traballo” que desenvolve nesta materia, con produtos e asesorías especiais sobre a influencia dos ventos e a estabilidade atmosférica na evolución dos lumes e a relevancia do cambio climático en escenarios futuros.

O subdelegado indica que este labor é moi importante en provincias como a de Ourense, na que os incendios forestais son recorrentes, polo que pide á Xunta que colabore coa AEMET no deseño dos seus protocolos “para evitar que volva a producirse unha vaga de lumes tan devastadora como a do 2025”.
Fotos cedidas.
