EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

O sumiller Ferran Centelles cata 112 viños da D.O. Valdeorras

É a través da colaboración que na actualidade realiza coa Master of Wine Jancis Robinson no seu portal especializado polo que fai esta cata

 

Ata a sede da Denominación de Orixe Valdeorras, en Vilamartín, desprazábase ás 10h. deste 17 de maio o sumiller Ferran Centelles. Alí tiña previsto catar unhas 112 referencias desta D.O.: 57 brancos, 52 tintos, 1 escumoso, 1 rosado e 1 tostado. Estaba acompañado por outro catador galego, Juanjo Figueroa, presidente da Asociación Galega de Sumilleres.

 

 

Ferran Centelles é Premio Nacional de Gastronomia en 2011, Mellor Sumiller de España en 2006, ou Mellor Sumiller Premio Revista COMER 2024 (La Vanguardia); son algúns dos galardóns que obtivo nos últimos anos un dos mellores sumilleres españois do momento. Ferran Centelles (Barcelona, 1981) é un referente nacional e internacional. Ao rematar a súa formación, iniciou a súa carreira profesional en elBulli (2000-2011). Dende entón, non deixou de estudiar e traballar dentro e fóra de España.

Obtivo o Diploma WSET en Londres, o Advanced Sommelier CMS e foi o responsable da carta de viños de elBulli durante dez anos. Ademais, tamén traballou durante algunhas temporadas en restaurantes como Aurora, The Vineyard ou Maggiore’s, no Reino Unido.

É a través da colaboración que na actualidade realiza coa Master of Wine Jancis Robinson no seu portal especializado (www.jancisrobinson.com), polo que vén a realizar esta cata de viños a Valdeorras.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button