A GudiñaConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

O Tameirón (A Gudiña) e Outarelo (O Barco), irmandados por San Francisco Blanco

O sábado 2 de agosto celebrábase a tradicional romaría no Tameirón á que asistía unha trintena de veciños barquenses

 

A xornada do sábado 2 de agosto foi moi especial para os veciños do Tameirón, no concello da Gudiña. Era o día no que, como cada ano por estas datas, celebraban a tradicional Romaría de San Francisco Blanco, natural desta localidade ourensá que morreu mártir en Xapón, que este ano contaba cuns convidados especiais.

Arredor dunha trintena de veciños da parroquia do Castro-Outarelo (O Barco de Valdeorras) que tamén veneran ao Santo cada 5 de febreiro, entre os que non podía faltar o sacerdote, Jesús Álvarez, asistían á festa na que ambas parroquias eran irmandadas nun acto sinxelo pero moi emotivo.

Ver vídeo

O programa comezaba cun pasarrúas da charanga Big Band a ao mediodía celebrábase a procesión, seguida da misa cantada pola Coral Polifónica da Gudiña. E era no marco da eucaristía cando teña lugar o acto de irmandamento. Co cráneo de San Francisco que custodian na capela de Outarelo como testemuño, o párroco do Tameirón, Frai Juan Francisco Salazar Troncoso, lia a acta de irmandamento que tamén asinaba xunto ao párroco do Barco, Jesús Álvarez “en representación das nosas parroquias” e que selaban cun abrazo.

 

 

 

Ao acto tamén acudían uns nenos que son misioneiros xunto coa súa familia en Xapón. “Seu pai escribiu un libro sobre a vida de San Francisco Blanco que se presentará no outono”, avanza Marina dende a organización da romaría.

Ver vídeo

Ao finalizar a misa as veciñas, como sempre, cantaron o Himno do Santo e de seguido tiña lugar a sesión vermú amenizada pola charanga e o xantar popular. Tamén houbo obradoiros infantís a cargo de Ocio Galicia e foliada coas pandereteiras Bulideiras da Chaira e As Torgueiras de A Gudiña, poñendo o broche o baile, por conta da charanga Big Band.

 

 

“Tivemos un día de romaría xenial”, di Marina, asegurando que se sinte moi satisfeita porque foi “moi emotiva e con moita xente”. Para o ano que vén, máis e mellor.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

 

Back to top button