
Nova tempada e novo proxecto deportivo. O técnico barquense Xocas Miranda vén de fichar polo club do Bierzo Coebb Ponfesala que adestrará na para a tempada 2026/2027.
Xocas Miranda chega a Ponferrada procedente do Vianariño F.S., co que conseguíu o ascenso a 3ª División, ademais de ter dirixido equipos de 2ª División B como Pizarras Tres Cuñados FS ou Ribeira Fútbol Sala, coas ganas que sempre ten para levar aos seus equipos ao máis alto nivel competitivo.
Dende o club berciano danlle as grazas por confiar no seu proxecto dándolle a benvida como míster.