CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O técnico Lino Estévez deixa o Centro de Deportes Barco

Lino Estévez en Calabagueiros. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Cambios no banquiño do Barco. A xunta directiva do Centro de Deportes Barco vén de aceptar a renuncia do técnico, Lino Estévez. “Aínda que non compartimos esa decisión, temos que saber respectala”, aseguran, dándolle “as grazas por estes dous anos formando parte da nosa entidade”.

Lino chegaba no2023 “a un club que estaba á deriva e en só dous anos conseguiu a estabilidade necesaria para ascender a Terceira Federación e lograr a Copa Deputación 42 anos despois”, aseguran dende o CD Barco desexándolle “a mellor das sortes na súa carreira deportiva e persoal”.

 

Lino Estévez nun dos últimos partidos en casa. /Foto: Mónica G. Bellver.
Back to top button