
A SD Ponferradina e Javi Rey “decidiron de mutuo acordo non prolongar a súa vinculación para a próxima tempada”, adiantan dende o club leonés que agradece ao técnico ourensán o seu traballo no club e deséxalle o mellor para os seus próximos proxectos.
Rey termina así a súa etapa na Deportiva, á que dirixiu durante a recentemente concluída campaña 2024/2025.