En portadaGalerías de fotosOurenseÚltima horaVídeos

O tenente coronel Rafael Burguillo toma posesión como novo xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense

 

A Comandancia de Ourense acollía na mañá do 28 de abril a toma de posesión do novo xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense, o tenente coronel Rafael Berguillo Esquina. No acto, no que estivo acompañado polo subdelegado do Goberno na provincia, Eladio Santos, entre outras moitas autoridades, como o presidente do Parlamento de Galicia, o da Deputación de Ourense ou o delegado da Xunta en Galicia, Blanco delegado brindoulle ao responsable o seu apoio para “consolidar Ourense como un dos territorios máis seguros do país”.

O delegado explicou que Ourense conta cunha taxa de criminalidade dez puntos inferior a media nacional e destacou o rol fundamental da Garda Civil nunha provincia “caracterizada pola dispersión xeográfica e unha poboación envellecida”. “A Comandancia de Ourense ten baixo a súa responsabilidade, en materia de seguridade cidadá, 91 dos 92 municipios da provincia”, dixo.

 

 

“A Garda Civil traballa de forma constante para protexer á cidadanía. No que vai de ano diminuíron un 8% as infraccións penais respecto ao ano pasado e o índice de esclarecemento medrou un 1 %”, subliñou Pedro Blanco.

 

 

 

A “exemplar” traxectoria do tenente coronel Rafael Berguillo, puxo en valor o delegado, xa está “a disposición dos homes e mulleres da Comandancia de Ourense”, á que chegou no 2022 e da que ocupa o mando de forma interina dende hai un ano. Reforzar a loita contra a violencia de xénero é un dos retos, pois son 341 as mulleres que están protexidas a diario actualmente pola Garda Civil na provincia.

 

 

Pedro Blanco expuxo que os principais desafíos de Rafael Berguillo na operatividade da Comandancia son o aumento da capacidade de investigación, a incorporación das compañías territoriais ao sistema de quendas e o impulso á Oficina Móbil de Atención ao Cidadán e ao Peregrino, que xa está en marcha por toda a provincia.

 

 

 

Unha longa traxectoria ao servizo da cidadanía

O tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense, Rafael Berguillo, conta cunha longa traxectoria no corpo. Natural de Cádiz, foi capitán do Sector de Tráfico en Castela e León e na Escola de Tráfico de Mérida. Formou parte como tenente do Equipo contra o Crime Organizado nas Illas Baleares. Tamén destacan as súas actuacións no estranxeiro: en Italia, Francia, Argelia, Honduras, Portugal e Alemania.

 

 

Estivo á fronte do Grupo de Reserva e Seguridade (GRS) da Comandancia de Pontevedra, xusto antes do seo traslado a Ourense no 2022. Nesta Comandancia foi xefe de Operacións, Policía Xudicial e Información e despois pasou a ocupar o cargo de xefe da Comandancia de forma interina, un destino que xa lle foi adxudicado de forma definitiva hai uns meses.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button