DeportesFútbol salaÚltima hora

O Torneo 3×3 Verín reunirá durante tres días ao fútbol base na praza García Barbón

 

A praza García Barbón acollerá os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto unha nova edición do Torneo 3×3 Verín, unha cita xa consolidada no calendario deportivo estival que volverá reunir a numerosos rapaces e rapazas arredor do fútbol base.

O torneo está dirixido ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, permitindo a participación de equipos formados por entre tres e cinco xogadores. Ao longo de tres xornadas, os participantes competirán nun formato dinámico que combina deporte, convivencia e diversión nun espazo aberto e accesible para o público.

A iniciativa está organizada por 3×3 Verín e conta coa colaboración do Concello de Verín, así como co apoio de numerosas empresas e entidades da comarca que fan posible o desenvolvemento do evento.

As inscricións permanecerán abertas ata o 27 de xullo. As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación chamando aos teléfonos 665 614 203 ou 691 658 364. Todos os equipos participantes recibirán premio e, ademais, ao longo do torneo realizaranse diferentes sorteos.

Back to top button