
Comeza a conta atrás para o Torneo de Nadal de fútbol sala que se celebrará os días 26 e 27 de decembro no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras. O venres pola tarde haberá un mini torneo de base e o sábado será intensivo de fútbol sala masculino para un máximo de 12 equipos que terán ata o 21 de decembro para apuntarse.
Este torneo navideño terá tamén o seu punto solidario habilitándose un espazo no pavillón onde poder deixar os xoguetes que xa non se usen. “Nós encargarémonos de darlles una segunda vida e levar ilusión a aqueles que máis o necesitan”, aseguran dende a organización, convidando a colaborar e facer “que a maxia chegue máis lonxe este Nadal”.