En portadaÚltima horaVídeos

O torneo “Valdeorras Perullo Cup 2026” enche de fútbol 7 O Campiño de Viloira (O Barco)

 

Un total de 34 equipos (entre as categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) participarán no Torneo de Fútbol 7 “Valdeorras Perullo Cup 2026” que se poñía en marcha na tarde do mércores 10 de xuño no Campiño de Viloira (O Barco).

 

 

Trátase dunha competición na que os partidos dispútanse nun só período de 20 minutos en fase de grupos en todas as categorías en formato 7. Nesta fase lanzaranse 3 penaltis por cada equipo ao final de cada partido para posibles empates na clasificación. As semifinais e as finais serán de 2 períodos de 20 minutos.

 

 

Os dous primeiros encontros disputábanse para as categorías cadete e prebenxamín, e hoxe disputábanse sete para as categorías prebenxamín, alevín, infantil, xuvenil. A competición prolongarase ata o domingo 14 de xuño. Mañá só pola tarde e xa ao longo de toda a xornada tanto sábado como domingo.

 

 

Este torneo, promovido polo CD Barco e seguido por numeroso público a pesar das altas temperaturas, inclúe premios para os 4 primeiros clasificados máis trofeo ao mellor xogador e ao porteiro por categoría.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button