CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O Torneo Valdeorras Perullo Cup baixa o pano dunha calurosa edición no Campiño de Viloira (O Barco)

 

Cinco días despois do seu inicio, a edición 2026 do Torneo Valdeorras Perullo Cup organizado polo CD Barco, marcada polas altas temperaturas, chegaba ao seu fin na tardiña do domingo 14 de xuño.

 

 

Facíao coas finais benxamín, infantil e cadete, coa correspondente entrega de trofeos e un chaparrón que refrescaba o ambiente. Nesta xornada, os gañadores benxamíns eran os do equipo SD Sarriana, os segundos CD Barco, os terceiros CD Viana e os cuartos CD Barco 13/14; dos infantís, o campión era o equipo Birra Real, o subcampión CD Pescanova e o terceiro clasificado CD Barco 13/14; e dos cadetes, os últimos en disputar a final, o campión era o equipo Sables, o subcampión No fintas ni esprintas, o terceiro clasificado CD Rubias e o cuarto Nottingham.

 

 

Na xornada do sábado disputáranse as outras tres finais. En prebenxamíns, o campión era o Divina Pastora, o subcampión o CD Viana e o terceiro clasificado o CD Barco; en alevíns, o primeiro clasificado era o CD Barco, o segundo clasficado o CD Barco Exclusivas Morales e o terceiro o CD Viana; e en xuvenís o campión do torneo era Minabo de Kiev, o subcampión Relámpagos de Pusmazan, o terceiro clasificado Vodka Júnior e o cuarto FC Galácticos.

 

 

En total 32 equipos que xogaron e competiron, enchendo o Campiño de Viloira de fútbol e tamén festa.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button