
O vindeiro venres 13 de setembro celebrarase o Entroido 2026 no Bolo.
Será o Día de Disfraces no colexio coa visita do Touro e o Xigante de Celavente e as Mázcaras de Buxán á 11 horas. E pola tarde o programa comezará cara as 19 horas co arranque do Folilón de Buxán e da comparsa de Celavente dende dous lugares diferentes: o primeiro dende o Bar Murias en Cambela; e o segundo dende o Asador A Capilla en Lentellais.

A xuntanza terá lugar arredor das 20 horas no polideportivo do Bolo finalizando cun pasarrúas pola vila cara as 21 horas.
