
Un ano máis a ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras orfaniza o ‘Mercadillo de Nadal para o 24 de decembro, día de feira, de 11 a 18 horas na praza.
Coma sempre, haberá postos de artesanía, produtos típicos, oportunidades, segunda man,… ademais de polbo á feira e o Tren de Papá Noel para os máis pequenos, contando coa colaboración do Concello.
Entre os asistentes confirmados ata o momento figuran: Spoombini con artesanía en madeira; Villa Chicana con comida, pizzas, churros; David López con segunda man e oportunidades; Mariposa Azul/ As miñas cousiñas, de artesanía con resina e complementos; Patrulla Felina con artesanía solidara, pintacaras; Ana e o seu ‘Desván de calcetines’; Cousiñas de balde, artesanía con veas; Licores Barbudos; Posto de comida con produtos típicos, tartas, doces, pan,…; Cumbres de Trevinca, queixos de alta montaña; Dulzalia, doces para os máis pequenos con temática navideña; Alexplant con plantas de tempada; Lúa, con produtos da horta e segunda man; e ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino con artigos de segunda man e oportunidades.
