CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O trío liderado por Xoán Curiel, “Treides comigo Alén”, no Mosteiro de Xagoaza (O Barco)

Actuará este venres a partir das 20:30h. dentro deste ciclo dedicado á palabra

Xoán Curiel xunto a outra das integrantes do trío, Iris Grey, nunha actuación anterior no Barco.

 

Continúa o Ciclo “De Perto” no Barco. Así, neste venres, o Mosteiro de Xagoaza albergará a actuación do trío liderado por Xoán Curiel, que ofrecerá un repertorio de música folk con cantigas de diferentes trobadores da lírica medieval galego-portuguesa, pero actualizadas.

“Debido á celebración do Mercado Medieval esta fin de semana en Tremiñá e a realización de diferentes obras na estrada que vai do Barco ao Mosteiro de Xagoaza, o acceso para asistir a esta actuación deberá realizarse polo camiño particular de Cedie”, tal e como informa o Concello.

Back to top button