DeportesÚltima hora

O Trofeo Federación DHI-Manzaneda Bike Park, última proba da Copa España, na estación esta fin de semana

Na competición de BTT participarán máis dun centenar de bikers e os adestramentos oficiais arrincarán o sábado

 

As instalacións da Estación de Montaña de Manzaneda acollerán esta fin de semana a sexta edición do Trofeo Federación DHI-Manzaneda Bike Park, a última proba da Copa España, que reunirá a máis dun centenar de participantes. Os adestramentos oficiais desta proba de BTT arrincarán o sábado a partir das 13.30 horas e o domingo ás 10.00 horas para celebrarse a manga clasificatoria ás 11.30 e a final ás 13.30 horas.

Na proba competirán as categorías masculinas elite, sub23, junior cadete, máster 30, máster 40, máster 50 e máster 60. As categorías femininas serán elite, sub23, junior, cadete, máster 30, máster 40 e máster 50.

Os descensos en bicicleta volveron este verán á Estación de Montaña Manzaneda, un dos escenarios máis impresionantes de Galicia para realizar este deporte pola súa altitude e tamén pola súa comodidade, xa que é unha das poucas do noroeste de España con remonte para os bikers. Manzaneda propón opcións para todos os niveis, desde os principiantes ata os expertos, apostando para que as visitas á Estación tamén poidan realizarse en familia. Os afeccionados aos descensos en bicicleta de montaña poderán gozar do Bike Park todas as fins de semana ata o 6 de outubro.

Ademais, en apenas dúas semanas, o 29 de agosto, a Estación de Montaña Manzaneda acollerá a etapa final da Volta Ciclista a España, un dos pratos fortes da súa programación de verán.

Más oferta de actividades e servizos

Tamén aposta a Estación de Montaña por seguir ampliando a súa oferta de actividades e servizos. Así, nos últimos meses recuperáronse e rehabilitado as pistas de tenis para a celebración de eventos e competicións relacionadas cos deportes de raqueta. Xa acolleu o primeiro campamento internacional de tenis de Galicia e ao longo deste verán programáronse na Estación de Montaña media ducia de eventos en colaboración coa Federación Galega de Tenis. Outra das grandes novidades é o rocódromo indoor situado no pavillón.

Tamén se recuperan os concertos para as fins de semana e este sábado, a partir das 21.00 horas, poderase gozar da actuación de Carolina Rubirosa.

Ademais, e tras a aposta pola desestacionalización e reconversión da Estación nun parque multiaventura, máis aló da tempada de inverno ofrécense actividades como o rocódromo indoor e infantil, pistas de tenis, paintball, parques multiaventura para nenos, ademais do bike park adulto e junior, os roteiros dacabalo, tiro con arco ou piscina e circuíto termal.

Back to top button