A Ruta do Viño de Valdeorras vén de facer públicos os nomes dos ganadores do IV Concurso de Fotografía “Os segredos de Valdeorras” a través das redes sociais. Así o primeiro premio correspóndelle a Lois Prada Ferrer pola fotografía “O túnel de Baco”, segundo é para a imaxe de Arsenio Blanco Gayoso “ Todo a mano”, mentres que o terceiro premio recae enJosé Manuel González Borace coa instantánea “Integración coveira”.
Dende a Ruta do Viño de Valdeorras manifestan a súa felicitación a todos os galadoados e o seu agradecemento ás persoas que participaron nesta edición do concurso. A exposición e entrega de premios deste cuarto concurso terá lugar no Tetro Lauro Olmo o xoves 22 de setembro ás 20:00h.