CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O universo sonoro de Maricarme, entre a tradición e o folk electrónico, envolve o patio do Castelo do Bolo

A actuaciónd este trío está enmarcada no itinerario cultural V Nove, que está a percorrer os concellos valdeorreses

 

Parten da esencia, da tradición galega, pero fano para desenvolver un proxecto musical que vai máis alá, que se xungue coas linguaxes e sonoridades actuais. O trío de folk galego Maricarme (formado por Cibrán Seixo, María Jorge e Migui Carballido) presentaban a súa singular proposta a partir das 19h. deste 20 de setembro no patio da fortaleza medieval do Bolo.

 

 

Nas súas pezas botaban man de instrumentos tradicionais na música galega como as pandeiretas ou o violín, pero tamén doutros recursos electrónicos como é o caso de sintetizadores, pads e efectos de procesamento “construír un universo sonoro propio onde conviven repertorio tradicional e composiciones orixinais”.

 

 

Este concerto forma parte do itinerario cultura V Nove, que se está a desenvolver con diversas actividades culturais ao longo dos nove concellos da comarca de Valdeorras.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

 

 

Back to top button