DeportesÚltima hora

O valdeorrés Aarón Pérez (Adas), subcampión de España Sub16 nos 100m

O atleta Aarón Pérez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Valdeorras segue sumando metais no Campionato de España Sub16 que se está a celebrar en Lleida nesta fin de semana. Así esta tarde Aarón Pérez Giraldo, do Club Adas Cupa do Barco, facíase coa medalla de prata na proba dos 100 m cunha marca de 11.00 (mellorando o seu rexistro persoal), só superada polo vencedor da carreira, Francisco De Las Heras, cun rexistro de 10.94.

Este domingo Aarón Pérez participará no salto de lonxitude e Mateo Valcarce, o seu compañeiro no Adas, nos 3 km marcha. Nesta mesma disciplina Paula Cela consiguía a posicion 11ª na serie B, unha proba que se celebraba a 37 graos de temperatura.

Back to top button