
Nesta fin de semana as pistas de Expourense, na capital da provincia, acollían o Campionato galego de pista cuberta absoluta. Nesta competición autonómica o velocista valdeorrés Aaron Pérez Giraldo (Club Adas Cupa do Barco) facíase co título de campión galego absoluto nos 60 m, cun rexistro de 6.89, que ademais era marca mínima persoal.