DeportesÚltima hora

O valdeorrés Aaron Pérez, prata no campionato galego absoluto nos 100 m

 

O velocista valdeorrés Aaron Pérez Giraldo volvía demostrar, unha vez máis, o seu talento e calidade deportiva na pista. Na pasada fin de semana participaba o día 28 de xuño no Campionato galego absoluto, que se celebraba en Santiago.

Alí, este atleta Sub18 do Club Adas Cupa do Barco conquista unha medalla de prata na proba dos 100 m masculinos, cun rexistro de 11.05 (MMT).

Fotos: FGA.

 

Back to top button