DeportesÚltima hora

O valdeorrés Aarón Pérez, récord galego Sub16 no 4X100 no nacional de seleccións autonómicas

Atletas galegos do 4×100, entre eles Aarón Pérez./ Foto: FGA.

 

O equipo galego que competía na proba de 4×100 do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub16 en pista, que se está a disputar nesta fin de semana en Xixón (Asturias), lograba o récord galego nesta proba cun rexistro de 45.49.

Deste equipo forma parte o atleta valdeorrés Aarón Pérez Giraldo (Adas Cupa do Barco), xunto a Nuno Castro Albán, Manuel Vázquez Pérez e Pedro Reino Cam.

Artigos relacionados

Back to top button