
O Centro de Tecnificación de Atletismo de Antequera (Málaga) acollía na pasada fin de semana o Campionato de España de pista curta na categoría Sub18. Entre os atletas galegos que acudían a esta cita nacional estaba o valdeorrés Aarón Pérez Giraldo, do Club Adas Cupa do Barco.
Este velocista Pérez participaba na proba dos 60 m, onde lograba unha sétima posición, cun tempo de 6,98, acadando deste xeito un posto de finalista.