En portadaÚltima horaVídeos

O valdeorrés Adrián Prada, prata en K2 sénior no Campionato de España de Medio Maratón

 

Podio valdeorrés no VI Campionato de España de Medio Maratón, que se disputaba neste 21 de abril en Aranxuez. O padeixeiro Adrián Prada Pérez (Club Piragüismo Rías Baixas Boiro) facíase coa medalla de prata en K2 sénior, compartindo barco con Joaquín Iglesias.

 

 

Esta proba de media maratón ten unha distancia de 15km con 3 porteos (150 m correndo coa piragua na man). O K2 de Adrián Prada e Joaquín Iglesias completaba o percorrido cun rexistro de 00:59:52,00 e só era superado pola embarcación ganadora, a de Miguel Lloréns e Alberto Plaza (Sociedad Cultural y Deportiva Ribadesella), que lle sacaba un minuto e 18 segundos de vantaxe.

A terceira posición correspondíalle a Daniel Jesús Pérez e Guillermo Pérez (Club Deportivo Básico Los Cuervos).

Fotos: Juan Ros.

https://youtube.com/shorts/cCMUFu56QhI?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button