CulturaCulturaÚltima hora

O valdeorrés Albino Prada fala na Coruña dos retos de Galicia para deixar de ser un país “desnortado e minguante”

 

No seu novo libro o valdeorrés Albino Prada, doutor e profesor de Economía, fai unha análise da realidade galega. Este ensaio titúlase “Galiza, un país desnortado e minguante” (Universidade de Vigo) e sobre el falaba na tardiña do 6 de novembro na sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, dentro do ciclo “Pensando o Futuro”.

Albino Prada era presentado por Daniel Cao Cao, membro da xunta directiva da AC Alexandre Bóveda. Na súa intervención Prada comentaba como entre 2000 e 2022 Galicia “tería que ter medrado en medio millón de habitantes de seguir a tendencia media do Estado español, ademais a nosa poboación moza diminúe de xeito alarmante. Velaí dous síntomas de que vivimos nun país minguante mais en recursos naturais e en capacidade laboral demostramos que temos potencial para reverter esa situación”.

 

 

 

Ao longo de preto de 200 páxinas, divididas en cinco grandes capítulos e un limiar, o autor procura enfrontar neste libro os grandes retos que Galicia debe asumir. Tras un primeiro capítulo de introdución e panorámica, o capítulo 2 métese de cheo no que denomina ‘as bases produtivas”, incluíndo diferentes cuestións relativas ao PIB, riqueza e benestar social, medios de transporte e comercio exterior, os eléctricos e as eólicas. O capítulo 3 céntrase xa nas bases territoriais e institucionais, e o 4 nos ‘balances e resultados’, meténdose de cheo en conceptos como xeración perdida (2000-2019), protección social e sanidade neoliberais. No último capítulo, Ano 2050, utopía ou distopía?, o autor presenta a “estratexia utópica” para deixar de ser un país desnortado.

Fotos cedidas.

Back to top button