Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

O valdeorrés Alejo Ares imponse na distancia de 18 km no XII Chandrexa Trail

Esta cita deportiva incluía tres modalidades diferentes: un trail de 18 km, outro de 35 km e unha andaina de 18 km

 

Dende Celeiros (Chandrexa de Queixa) saían os arredor de 300 participantes no XII Chandrexa Trail, que se celebraba na mañá deste domingo 23 de xuño. Os primeiros en iniciar a proba eran os participantes no trail de 35 km, ás nove. Pouco despois partían dende ese mesmo puntos os andaríns, cun traxecto de 18 km, e finalmente, ás 10h. comezaban a competición os deportistas do trail de 18 km.

 

 

Os primeiros en completar o trail longo eran Emérito Fernández (Escolas Deportivas de Lourenzá), cun tempo de 04:06:05, seguido de Marcos Pascual (Castro Trail) e de José Manuel Gil (A.C. Castelos Trail Club). En categoría feminina as tres primeiras en cruz a liña de meta eran, por esta orde, Sandra Fernández (Club de Montaña Terras de Burán), Cristina Rodríguez (Running Sport Trail) e Raquel Correia (PC Runners).

No referente á distancia de 18 km, o mellor resultado absoluto obtíñao o valdeorrés Alejo Ares, cun rexistro de 01:38:19, seguido de Eloy Martínez (AC Castelos Trail Club) e de Javier Janeiro (Korpore Arenteiro Trail). En absoluto feminino a vencedora era Rosa Araújo (Running Sport Trail), en segundo lugar quedaba Tamara García (GTR-Galaico Trail Run) e no terceiro Carolina Nião (Club Corredoiras Bueu).

A organización do trail contaba coa colaboración das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, Parada de Sil, Trives e Chandrexa de Queixa.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button