
Logo de completar a edición 2026 do Quiroga Trail Challenge – Trail Do Castelo – Maratón Castelor42 K nun tempo de 06:14:01 (11º posto), o corredor valdeorrés Breogán López Batista participará (co número 1.131) na 15ª edición do Oh Meu Deus.
A proba nacía en 2011 como unha aposta local por percorrer o Parque Natural da Serra dá Estrela no centro de Portugal e quince anos despois dá un salto histórico concerténdose na primeira carreira portuguesa en integrarse no circuíto UTMB World Series.
A edición de 2026 celébrase do 1 ao 3 de maio con base en Seia, unha cidade aos pés do macizo máis alto de Portugal continental, con 2.000 inscritos de 62 nacionalidades entre os que está Breogán que participará na 50K que sairá mañá ás 8 horas de Loriga, a chamada Suíza portuguesa, e cobre 52 quilómetros con 2.900 metros de desnivel positivo. O percorrido combina tramos forestais, sendeiros técnicos, antigas calzadas romanas e descensos esixentes, con meta en Seia.