
Valdeorras continúa sumando metais no Campionato de España de lanzamentos longos que se está a celebrar nesta fin de semana en Castellón. Así, tras o bronce acadado onte categoría absoluta por Carlos Revuelta Parra en lanzamento de martelo, neste sáado 21 de febreiro chegaba outro bronce, nesa mesma disciplina deportiva pero en categoría Sub18 da man do martelista, tamén barquense, Javier Cid González.
Así Cid, que compite co Sanysec-Ourense Atletismo, lograba unha marca de 59.96 m que lle valía o terceiro posto nesta cita nacional. O título da competición lográbao Daniel González (Club de Correr el Garbí), cun rexistro de 62.49 e en segunda posición situábase Andrés Pisten (Grupompleo Pamplona At).
