Estaba na loita polas medallas, pero ao final, non puido ser. O valdeorrés Mateo Valcarce Fernández (Club Adas Cupa) conseguía unha meritoria quinta posición no Campionato de España de Inverno de marcha Sub16 de 3 km que se celebraba no Barco na mañá deste 14 de decembro. Aínda así nesta proba, cun alto nivel, conseguía facer marca mínima persoal, cun rexistro de 13:02.
Neste campionato impoñíase Jorge Ruiz (Atletismo Albacete) cunha marca de 12:38, mentres que a prata era para Marcos Ruiz (At. Málaga) e o bronce para Pablo Salinas (Zaragoza Atletismo).
En categoría feminina a tamén valdeorresa Paula Cela (Adas Cupa) lograba situarse no posto 25, cun rexistro de 16:06, o que tamén supón marca mínima persoal.
En Sub16 feminino a campioa era Paula Elvira (Polideportivo Gefafe), que completaba os 3 km nun tempo de 13:38, a segunda posición lográbaa Diana López (Club Atletismo Valladolid) e a terceira Sara Fernández (Polideportivo Getafe).
Os atletas valdeorreses eran animados nesta proba por compañeiros do club, así como por familiares e amigos.
Esta proba abría o Campionato de España de Inverno de promoción e 10 km máster a partir das 11h. no Barco, cun circuíto situado entre o hospital do Barco e a rotonda do Mercadona.
Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL.